Março 2013
4 postagens
1 marcador
Esclarecemento público a Xabier P. Docampo
Como membro da comisión promotora do chamamentopologalego.com, e despois de ler o teu último artigo, fiquei preocupado polos rumores que che chegan e que tal vez estean a chegar tamén a outras persoas cun criterio menos formado que o teu. Por iso mesmo,desexo esclarecer publicamente o seguinte:
O Chamamento polo galego foi unha iniciativa cidadá puntual, sen vontade de permanecer no tempo nin de...
1 marcador
Correo de protesta
Prezadas señoras, prezados señores,
Escríbolles estas breves liñas para lles expresar a miña indignación perante o feito de que no concurso EuroScola non se recolla a posibilidade de participar en lingua galega, mentres si se pode facelo en español, catalán e inglés. Se a xustificación é que os escolares gañadores deben mostrar coñecementos de inglés e/ou francés para se comunicaren, daquela non...
1 marcador
A RAG presenta o recurso de casación perante o TS
A RAG presentou no día de onte o recurso que solicita a casación da sentenza do TSXG a respecto do Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario.
Aínda que a Academia non confirmou publicamente este feito, a Xunta de Galicia xa foi notificada polo seu persoal en Madrid e está á espera de coñecer o teor literal do recurso para facer pública a súa posición. Ao contrario do que ocorrera nas...
1 marcador
Conclusións da primeira semana de guerra civil
Parte I – Aquí pasou o que pasou
Pois si, mais… o que pasou realmente? Basicamente, catro cousas:
Que o mandarinato cultural galego está en guerra por unas migallas, mentres o imperador goberna os asuntos de Estado sen oposición. A guerrilla comunista patriótica irredenta declarou a guerra ás outras dúas, e con especial virulencia á facción (neo)piñeirista (neo)costumista (neo)centrista....
Fevereiro 2013
5 postagens
1 marcador
…E Ferrín declarou a guerra civil! (Parte 2 de 2)
Nota. Mañá publicarei un epílogo coas conclusións que se derivan do novo escenario guerracivilista declarado por uns e aproveitado por todos. Mentres tanto, aí vai a segunda parte do post orixinal, con algúns acrécimos relevantes e sen ningunha omisión. Podedes (re)ler aquí a primeira parte.
* * * * *
IV. A verdade sobre o recurso da RAG e o pacto pola lingua
É certo que a directiva da RAG...
1 marcador
...E Ferrín declarou a guerra civil! (Parte 1 de...
I. Previa
Prometera a min mesmo non alimentar nunca o noso consuetudinario guerracivilismo en todo o tocante á lingua galega, e crédeme se digo que en máis de unha ocasión custou manter esa actitude, despois de constatar en non poucas ocasións a prevalencia dos intereses desta ou daquela parte en detrimento dos da suposta causa común. Mais visto que son outros quen invocan esa estratexia de...
1 marcador
...E Ferrín declarou a guerra civil!
Artigo despublicado temporalmente, seguindo algúns (bos, creo) consellos. Será republicado en breve. As miñas desculpas a quen chegou até aquí e até breve.
Martiño Noriega, o haloperidol e eu
Onte á noite, cometín a ousadía de criticar publicamente unha das incoherencias que Xosé Manuel Beiras ten convertido en entrañable marca da casa. Fíxeno cun relatorio de feitos, ao cal acrecentei unha análise persoal. Até aí, ningunha novidade, pois calquera que me teña lido máis de unha vez saberá que non son de ocultar as miñas opinións políticas nin de deixar de criticar os colectivos ou as...
A UPG forza o xiro do BNG cara ao independentismo
Tras meses lanzando mensaxes de apertura, de humildade e de autocrítica pública, o proceso de conversas de cara á XIV Asemblea Nacional do BNG, que será celebrada o vindeiro 17 de marzo, fracasou sonoramente.
Abrente tomou a decisión de non participar na lista promovida pola UPG, xunto co MGS e independentes próximos
A UPG –que tras as escisións do Encontro Irmandiño e Máis Galiza controla o...
Janeiro 2013
1 postagem
Beiras na Radio Galega falando sobre a soberanía política, a renuncia ao extremismo e a apertura á incorporación á AGE doutras formacións políticas.
Dezembro 2012
5 postagens
1 marcador
Eloxio de Pandora (e Prometeo)
A bela Pandora, muller primordial, creadora dun novo mundo, fundadora do pracer e do saber, é sen dúbida unha das figuras máis maltratadas –e atraentes– da historia da cultura ocidental. A interpretación misóxina da figura de Pandora parte de Hesíodo e gaña nova forza coa influencia relixiosa xudeocristiá, que bebe da súa figura para conformar a da Eva bíblica. Mais, detrás desas tradicións que...
2 marcadores
Proxecto aberto: Dicionario de Política Galega
A mal tempo, boa cara… e humor. Por iso mesmo, visto o deprimente panorama da esquerda no noso país, propóñovos un exercicio lúdico: elaborarmos, colectivamente, un Dicionario de Política Galega. Un dicionario crítico e ben-humorado, de definicións breves (non máis de 140 caracteres).
E para que non digades que lanzo a pedra e agacho a man, déixovos unha primeira definición, aínda que pola...
5 marcadores
Recortar España
A débeda pública española suma o 87,5% do PIB, mais descontado a débeda dunhas Administracións Públicas con outras, esa porcentaxe sitúase no 77,4% do PIB: trátase do valor máis alto da serie histórica, mais con todo aínda está moi por debaixo do nivel de boa parte dos Estados do noso entorno. Como se pode ver, o endebedamento das Comunidades Autónomas non é, nin moito menos, o miolo do problema,...
3 marcadores
O que vén sendo un partido 2.0
Algunhas persoas de Compromiso por Galicia dirixíronse a min para pedirme que aprofundase na idea do que debería ser e facer un partido 2.0, o que moi gustosamente fixen e puxen á súa disposición hai case dúas semanas. Confeso, por certo, que estou curioso por saber en que medida o terán en conta no seu Congreso Constituínte, previsto para o próximo 16 de decembro.
Mais non se trata dunha...
3 marcadores
A esquerda española e as linguas (proba de agudeza...
Documentos utilizados
Posición do PSOE sobre o novo anteproxecto de reforma educativa de Wert
Idem de Izquierda Unida
Procedemento
Eliminación de determinantes, preposicións e outras partículas de alta frecuencia e nulo valor léxico;
supresión das referencias a nomes propios (José Ignacio Wert, Caridad García, María del Mar Villafranca) e de palabras contextualmente irrelevantes (reforma,...
Novembro 2012
3 postagens
4 marcadores
"A maioría dos gandeiros estaba de acordo en...
Ao longo da semana, os gandeiros galegos fixéronse escoitar con forza no rural galego e nos medios de comunicación, con motivo dunha folga que acadou un seguimento unánime. Mais tamén as redes sociais, e nomeadamente Twitter, foron palco das reivindicacións dos gandeiros. Coa condición de manter o anonimato que caracterizou a súa actividade desde o comezo da andaina virtual da conta Gandeiros...
Anônimo perguntou: lo que piensa a respecto del govierno de Dilma la presidenta del Brasil¿
4 marcadores
Unha proposta (sinxela e concreta) de reforma da...
Non coñezo -aínda que de seguro existe esa clase de desalmados- ninguén que se opoña á reforma da Lei hipotecaria, e non serei eu o primeiro en facelo. Mais mesmo desde a absoluta concordancia na necesidade de facer algo, hai polo menos dúas cuestións que non me convencen nadiña en todo este festival mediático que están a organizar PP e PSOE.
En primeiro lugar, desgústame profundamente o...
Outubro 2012
1 postagem
12 marcadores
Análise da enquisa pre-electoral do CIS
As enquisas do CIS adoitan ser tan agardadas como comentadas por un único aspecto: a estimación de voto e a súa proxección en escanos; e así ocorreu de novo desta volta coa enquisa pre-electoral do CIS para as Eleccións Galegas do 21-O. Porén, ese é o aspecto tecnicamente máis discutible e o menos valioso na calidade da información proporcionada, polo que primeiramente vou me centrar no panorama...
Setembro 2012
6 postagens
A cotización da marca España
Discurso de Zapatero na ONU, 20 de setembro de 2010
Discurso de Rajoy na ONU, 25 de setembro de 2012
As conclusións saltan á vista.
7 marcadores
Desmiuzando a enquisa de La Razón
No post anterior, vimos que o texto de La Razón é demencial. Desta volta, imos deternos nos datos do gráfico que achega o xornal a partir da enquisa de NC Report, que podes consultar aquí.
Pois ben, tendo en conta as marxes que a enquisa define para cada unha das candidaturas con posibilidades de sentaren representantes no Hórreo, esta é a distribución máis probable:
De confirmárense estes...
7 marcadores
A última enquisa de La Razón ou do chef que non...
A enquisa publicada este luns polo diario dereitista La Razón comete un erro tan groseiro que ben merecería unha desculpa pública. Vexamos.
O resultado da enquisa, realizada pola consultora NC Report, tal como se presenta no artigo ligado no comezo (o gráfico do xornal tira por outro lado, nunha radical mostra de inconsistencia nos datos), é o que se mostra no gráfico:
As conclusións son...
Resultados da enquisa: Feijoo quedou curto
A inmensa maioría do público lector do blog e das persoas que opinaron desde as redes sociais teno claro. Feijoo errou por moito, xa que Galiza non é España desde hai 500 anos senón desde moito antes: a maioría pensa que a Galiza é española desde o propio Big Bang, o que vén significar que nunca existiu nada que se puidese chamar Galiza a non ser como parte integrante de España; con todo, non...
4 marcadores
Enquisa histórica: cando pasou Galicia a ser parte...
Palabra de Feijoo: “Todas as autonomías son España desde hai 500 anos”. Na túa opinión (intenta ser obxectivo e responder con rigor histórico), Galicia é parte de España
Desde o Big Bang
Desde a extinción dos dinosauros
Desde a descuberta do lume
Desde a sedentarización agrícola
Desde o Imperio Romano
Desde hai 500 anos
Vota aquí
// ]]]]>]]>
6 marcadores
Ménage à trois
Libremente inspirado no texto de Manolo M. Barreiro “Entre alianzas y amagos”. Todos os personaxes e situacións que aparecen no diálogo non deixarán de ter algo de real.
* * * * *
Mª TRINDADE – Ola! Quería convidarte a irmos xuntos ao cinema. Pero ten que ser á película que eu quero ver, vale?
ESCORPIO – Vale, eu tamén tiña moitas ganas de ir contigo ao cinema. E á saída podemos...
Agosto 2012
14 postagens
O regreso do Dépor comeza cun rotundo éxito
Aledaños do estadio de Riazos media hora antes do comezo do partido
Había moita vontade represada e iso sentíase desde moito antes de comezar o partido. Nas rúas da cidade, nos bares de encontro e no entorno de Riazor, o partido comezou moito antes das 19h cunha mestura de entusiasmo pola volta á Primeira División, ansiedade por comprobar o nivel do Deportivo no primeiro partido oficial e...
7 marcadores
Autorretrato da extrema dereita liberal e...
Non é unha ultradereita conservadora nin fascista ou nacionalsocialista. Tampouco é autoritaria nin populista. É un novo produto, importado de latitudes nordeuropeas aínda que presume do seu parentesco cos LibDem británicos, mesmo a pesar das evidentes diferenzas entre o discurso de Nick Clegg e o do seu pretenso homólogo galaico, Carlos Vázquez Padín.
Padín é o paladino dunha dereita que leva...
11 marcadores
Ás voltas co CIS: a maioría de Feijoo, máis no...
Unha lectura do recente barómetro do CIS en clave de eleccións galegas deixa -a día de hoxe e a expensas do que ocorra nos meses que restan até os comicios- o seguinte panorama para o PP:
Desde o ano 2000, o PP obtén nas eleccións galegas aproximadamente 7 puntos máis que nas lexislativas estatais. Iso significa que (cunha variación de 0,3 puntos arriba ou abaixo), Feijoo obtería nestes...
A mina de Corcoesto, máis perto de concretarse
A explotación da mina de ouro de Corcoesto (no concello de Cabana de Bergantiños) que pretende levar a cabo a empresa EdgeWater dá un novo paso adiante tras o anuncio da compañía canadiana de que vén de consguir un empréstimo de 120 millóns de dólares para o investimento.
Veciños e grupos ambientalistas da zona, agrupados na Plataforma en defensa de Corcoesto, levan meses denunciando o impacto da...
3 marcadores
A "Declaración da liberdade na internet", xa...
Na web internacional da Declaración da liberdade na internet, xa está disponible a versión en galego que puidestes ler neste mesmo blog. Agora, só falta que o maior número posible de persoas, asociacións, empresas e institucións asinen estes compromisos. Por iso, convídovos a que a asinedes e espalledes.
19 marcadores
17 marcadores
Manifesto do xornalismo cidadán
1. A liberdade de expresión é un dos máis esenciais Dereitos Humanos. Por tanto, non dubides en espallar as túas opinións: se tes como facelo, por que calar?
2. Os feitos relevantes teñen que ser coñecidos, en vez de someterse aos intereres das corporacións mediáticas.
3. As informacións que non se comparten carecen de valor para xerar reaccións e cambios sociais. Por tanto, comparte toda a...
1 marcador
Enquisa: o que se debería facer coas touradas?
1 marcador
13 marcadores
Estudo: información política nos xornais galegos...
Comezo a publicación dun extenso estudo sobre a información política nos xornais galegos. Nesta primeira entrega, explicarei a metodoloxía seguida e presentarei algúns resultados preliminares, que serán esmiuzados en sucesivos artigos.
Como foi feita a pesquisa
O día 3 de agosto, a través de google.es, foron recuperados os datos cuantitativos referidos ás edicións dixitais dos trece principais...
2 marcadores
O ridículo da feira taurina da Coruña
Tras a publicación neste blog dos datos sobre o rotundo fracaso da venda de entradas para a feira taurina da Coruña, que comeza hoxe mesmo, o portal ServiToro.com retirou a praza coruñesa do seu catálogo, eliminouna da portada e limítase a informar dos días e horarios das touradas, ben como dos toureiros que actuarán en cada xornada.
Por certo, Carlos Negreira segue sen responder á pregunta: por...
6 marcadores
Declaración da liberdade na (e da) internet
Elena Libia, unha desas persoas a quen hai que seguir nas redes sociais, infórmame do maratón internacional de tradución da Declaración da Liberdade en Internet. E claro, non resisto a tentación, póñome a traducir o texto, mándollo ao grupo para que inclúa a versión en galego… e compártoo convosco. É moi breve, moi sinxelo e moi importante: os principios desta declaración son a base para...
Julho 2012
13 postagens
7 marcadores
Reflexión pre-electoral nº 1
TESE. Feijoo non ten os votos para seguir a gobernar. Sábeo e por iso muda as regras de xogo no minuto 80 de partido.
ANTÍTESE. A oposición non ten os escanos para gobernar. E compórtase como se non o soubese, cada quen máis preocupado de ser cabeza de rato que do modo en que se debe organizar para mudar o estado de cousas.
SÍNTESE. Feijoo pode perder máis de 100.000 votos e, mesmo así, seguir a...
6 marcadores
Xunta e I+D+i: unha historia de mentiras e...
ACTUALIZACIÓN. O servizo CORDIS, que centraliza a información sobre programas de investigación e desenvolvemento aos cales a UE achega fondos, informa que o programa TalentGalia recibiu unha subvención europea de case 5 millóns de euros (o 40% do montante total previsto pola Xunta). Tamén di que, aos efectos da UE, o programa se encontra en execución.
A Consellaría de Economía e Industria ten...
11 marcadores
As idas e vindas de Feijoo e o PP a propósito da...
Negociación coa oposición parlamentar: uns días si; outros, non
Feijoo anuncia o domingo día 22 que a reforma sería proposta, non imposta. O xoves 26, o propio Feijoo afirma que a reforma irá adiante con consenso ou sen el. O luns 30, Pedro Puy volta a ofrecer consenso, sempre que non afecte á redución de escanos e mesmo recoñecendo que hai outros xeitos de aforrar máis.
O aforro só é o obxectivo...
2 marcadores
17 marcadores
16 marcadores
18+VI propostas para unha reforma democrática da...
Título alternativo: “Reforma electoral? Si, por favor!” Pero unha reforma electoral que profundice na democracia, non que a ampute.
[Observación. Para ver as imaxes, gráficas e táboas en tamaño completo, fai clic enriba ou ábreas nunha nova aba ou xanela do teu navegador.]
* * * * *
I. Estamos ante un debate soberano: a lexislación española deixa facer
O noso sistema electoral...
6 marcadores
Enquisa: Cal é a túa opinión sobre a proposta de...
Podes participar anonimamente indo a esta ligazón (ou deixar a túa resposta na caixa que tes aquí embaixo)
7 marcadores
Tería habido goberno de coalición PSdeG/BNG coa...
O 19 de xuño de 2005, celebráronse unhas Eleccións Galegas que fixeron historia ao enterrar 16 anos de fraguismo e abrir as portas a unha alternativa que cristalizou na coalición entre PSdeG e BNG. Lembremos os resultados obtidos daquela polas principais forzas políticas galegas:
PP 756.562 votos | 45,2% dos votos válidos
PSdeG 554.912 | 33,2%
BNG 312.039 | 18,7%
Como se pode ver, a suma dos...
3 marcadores
Máis sobre o 25 de xullo
Podes consultar aquí a axenda de actos musicais para hoxe e mañá. E tamén participar na enquisa sobre a denominación que máis che presta para o 25 de xullo.
15 marcadores
25 de xullo: axenda de actos políticos
Se ti tamén te sentes desbordado (e superado e anonadado) pola cantidade (e diversidade e similaridade) de convocatorias que neste ano realizan as organizacións políticas en Compostela para celebrar o Día da Patria/Día Nacional de Galicia, aquí tes unha axenda cos principais eventos.
ACTOS EN COMPOSTELA Martes, 24 de xullo 17:30h - Galiza Nova Homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao...
12 marcadores
Como sería un Parlamento galego de 60 escanos (ou...
Hoxe Alberto Núñez Feijoo anunciou, nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, a súa intención de propor aos grupos presentes no Parlamento de Galicia a redución do número de escanos desde os 75 actuais até unha cifra “no entorno dos 60”. Vexamos cales serían as consecuencias dunha tal mudanza.
O QUE DI A LEI
O Estatuto de Autonomía de Galicia determina, no seu artigo 11, os principios que...